Vodafone lanza a súa propia canle de contidos no Android Market

Vodafone vén de pór en marcha a súa propia canle de contido no Android Market, que dende hoxe mesmo está dispoñíbel para os clientes da operadora vermella, non só dende España senón tamén noutros países como Portugal, Irlanda, Reino Unido ou Italia. nos que traballa Vodafone.
O obxetivo desta ferramenta é ofrecer unha selección de aplicacións que dende a compañía consideran interesantes para os seus clientes e que non teñen por que estar desarrolladas necesariamente pola operadora, senón tamén polos seus socios preferentes. Nesta selección atópanse aplicacións de novas, deportes, redes sociais ou xogos, entre outras..
En moitos casos trátanse de aplicacións que están dispoñíbeis para todos os usuarios de Android, aínda que aseguran que algunha serán exclusivas.
Credes que é unha aportación importante de Vodafone? Confiades en que teña éxito? Contádenolo por aquí ou a través dos nosos perfís nas redes sociais! 

Sobre o autor

Reply