Os posuidores dos Samsung Galaxy S e Nexus One de Vodafone están de noraboa, porque por fin recibirán as actualizacións de Gingerbread que levan semanas agardando. A actualización do Galaxy S farase a través do software do PC, mentres que o Nexus One a recibirá vía OTA.
Sen embargo, as versións que recibirán estes terminais serán diferentes, xa que os Nexus One obterán a versión 2.3.4 e os Galaxy S a 2.3.3
Sen dúbida, unha gran nova para estes terminais que, aínda que tarde, reciben a súa actualización.
Pois si que estamos ben se agora reciben antes a actualización os terminais ligados a unha operadora que os libres!
Aínda non recibiches a actualización? Comprobaches no KIES?
Eu a do Nexus (libre) recibina hai xa bastante tempo.
Eu aínda nada, acabo de comprobalo fai nada e seguimos a espera.Éche o que hai…