Non hai moito amosámosvos dous impactantes vídeos nos que Sony deixaba ver as súas dúas tablets, dous gadgets que darán moito que falar nos vindeiros meses, aínda que o certo é que xa nos tarda velas no mercado.
Como anunciaban daquela, só era o comezo dunha serie de vídeos. E se estabades desexosos de máis, aquí vos deixamos a vosa “dose”: o segundo episodio da historia. Din que continuará…