Windguru, tamén en Android

Seguramente coñezades Windguru, un servizo de previsión metereolóxica especializado en zonas costeiras, xa que está pensado para a xente que fai windsurf ou kitesurf. Sen embargo a información que podemos atopar na súa web ou na súa aplicación, da que hoxe vos falamos, pode resultar moi interesante para todos os usuarios, xa que a información é enormemente precisa, indicando dirección e intensidade do vento, oleaxe ou choiva por tramos horarios.
A aplicación oficial deste servizo permite o acceso ao mesmo contido que temos na versión web, inda que máis comodamente, porque o temos comodamente accesíbel en calquera lugar que nos atopemos.
As buscas fanse por zonas, de maior a menor amplitude (Ex: Europa – España – Galicia/Rías Altas – …)
A maiores, ofrécenos a posibilidade de buscar novas relacionadas co windsurf, kiteboard ou surf, ou visualizar webcams de praias ao longo de todo o globo.
Podedes descargar a aplicación de xeito gratuíto dende o Market web para todos os androides, inda que se queredes colaborar co proxecto podedes mercar a aplicación de pago, que non cambia nada, agás que se fai unha doazón de 3,49 €. Para baixar esta última, hai que ir aquí.
Xa apetece botarse ao mar, non? 🙂

Sobre o autor

Reply