Tomo o control total do consumo de datos do teu androide con My Data Manager

Aplicación para contar datos hai varias. De feito, xa temos falado aquí dalgunha, pero My Data Manager pareceunos especialmente interesante polas opcións que nos permite.
Para comezar, poderemos configurar os topes de gasto. Isto é importante, porque moitas tarifas están limitadas a partires de certo volume (pasan a cobrar ou reducen velocidade), polo que se non queremos levarnos unha ingrata sorpresa debemos telo en conta.
Pero ademais diso, diferenza entre o consumo móbil, o WiFi e o que fagamos en itinerancia. Alén diso, tamén separa o consumo que fan as diferentes aplicacións (YouTube, navegador, Twitter…), polo que o control é total.
Tamén poderemos configurar unha alarma para que nos avise ao chegar a certo número de megas consumidos. Vamos, que evitará que nos levemos un susto ao final do ciclo de facturación.
Está dispoñíbel no Market gratuitamente, pero sólo para androides con versións Froyo (2.2) e posteriores.

Sobre o autor

Reply