Houbo unha época na que todos desexábamos que o noso móbil fose o máis pequeno posible, ao fin e ao cabo para chamar e enviar mensaxes chegábanos ben. Agora, con isto de que as pantallas son táctiles, pode ser que non pensemos o mesmo en canto ao tamaño á hora de usar o teclado ou se o noso terminal permítenos reproducir vídeos en alta definición. Seica é un pouco esaxerado o trebello que vos amosamos hoxe pero a quen non lle apetece nun momento dado conectar o móbil ou a tablet a unha pantalla destas?
E non só é visualizar imaxes do noso terminal o que nos permite a pantalla de SKR de 32 polgadas, se non que tamén dispón da posibilidade de usar as funcións muctitáctiles. Agora que levante a man quen estea a pensar nunha partidiña ao Angry Birds.
Vía: Microsiervos