Google anuncia un novo Android Market

Pois así é: Google está a poñer en marcha unha nova versión do Android Market, para adaptarse a todas as novas cousas que poderemos adquirir a través del, como libros ou aluguer de filmes (de momento, os filmes só nos EUA, pero agardamos que en non moito tempo tamén en Europa).
Ademais, o redeseño (que cambia totalmente con respecto ao anterior) inclúe funcións que facilitarán o descubrimento de novas aplicacións, así como tamén ser capaces de obter mellor información antes de mercar ou instalar unha aplicación. Así mesmo, o novo Market será máis rápido e incluirá espazos específicos para as aplicacións máis destacadas da semana ou as novas incorporacións. Podémolo ver máis polo miúdo no seguinte vídeo

Iso si, só estará dispoñíbel para os androides con versións 2.2 e superior e irá aparecendo paulativamente ao longo das vindeiras semanas, comezando xa. Xa nos contaredes cando o teñades!

Sobre o autor

Reply