HTC anuncia a actualización a Gingerbread do Desire e do Desire Z

Hai algun tempo, a través dun tweet dunha sucursal de Vodafone coñecemos a nova de que a HTC actualizaría a Gingerbread o Desire Z, un dos primeiros terminais Android en contar con teclado completo. Pois hoxe HTC confirmou esta nova anunciando que a actualización chegará vía OTA nas vindeiras semanas e que a finais de mes todos os Desire Z deberían estar actualizados.

Máis do mesmo para o HTC Desire: primeiro dixeron que non e os clientes cabreáronse. Entón dixeron que si, que actualizarían os HTC Desire. 

E é que este terminal vendeuse moi ben, axudando, como no seu día fixera a HTC Magic, a espallar Android con terminais a prezos accesíbeis. Por iso, a nova de que non se actualizaría a Gingerbread non gustou entre os posuidores do terminal, que vían como outros de características semellantes (ou mesmo inferiores) si serían actualizados.
Así que HTC escoitou e púxose mans á obra para adaptar a actualización ao terminal, a costa de sacar algunha que outra cousa (que non expecificaron). Esta actualización estará dispoñíbel cara finais do mes de xullo.

Sobre o autor

Reply