Samsung vén de anunciar a dispoñibilidade da Galaxy Tab 10.1 no noso país, unha tablet que combina toda a potencia de Honeycomb cun deseño moi conseguido. Con tan só 8,6 milímetros de grosor e 565 gramos, a Tab está pensada para que o seu transporte non sexa unha carga excesiva.
A súa pantalla é WXGA TFT LCD e conta cunha resolución de 1280×800 píxeles, aunando claridade, nitidez e definición, o que fai deste dispostivo unha ferramenta moi útil á hora de desfrutar do contido multimedia (ver filmes, vídeos baixo demanda) ou tamén para os xogos.
Do resto de características, destacamos as que seguen:
- Dimensións e peso: 256 x 175 x 8,5 mm e 565 gramos.
- Sistema operativo: Android 3.1 (Honeycomb)
- Pantalla: TFT de 10.1 polgadas e resulución 1280×800.
- Procesador de dobre núcleo (1 GHz).
- Memoria interna de 16 GB (ampliábel por microSD)
- Dobre cámara (frontal de 2 MP, traseira de 3 MP).
- Conector jack 3.5, USB 2.0, WiFi (a/b/g/n), Bluetooth 2.1…
- Batería: 7000 mAh
En canto a dispoñibilidade e prezos, poderemos facernos con ela por 589 € (versión 3G+WiFi) ou 479 € (versión só WiFi), a partires do mes de agosto.
Aproveitando a ocasión, comentarvos que nos fixemos con unha, así que en breve vos contaremos a experiencia.