Wunderlist axúdate a recordar as túas tarefas

Hoxe en día, nesta sociedade tan acelerada na que vivimos, quen máis ou quen menos ten unha serie de cousas para facer a curto ou longo prazo e, se xa nos é complicado ás veces reter na memoria as cousas que habemos facer no día, que será de aquelas cousas que temos para facer o mes seguinte. Nestes casos o mellor é tirar do potencial dos nosos smartphones e usalos como xestores de tarefas de xeito que evite ter que memorizar estas listas de cousas.
Wunderlist é un xestor de tarefas que ten como características principais o seu uso sinxelo, unha interfaz limpa e a tan de moda sincronización na nube, aínda que esto último soamente no caso de querer asocialo a unha conta.
Unha das vantaxes que ten esta ferramenta é que poderemos sincronizalo para darlle uso en varias plataformas xa que nos permite obter clientes para Mac, Windows, iPhone, iPad ou Android. No caso de non usar algunha destas plataformas dicir que é totalmente accesible vía navegador á súa interface web, aínda que neste último caso é necesario dispor de conexión a internet.
Wunderlist está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.6 ou superior.

Sobre o autor

Reply