Levamos un par de días de actualizacións importantes a última hora do día. Se onte falabamos da actualización do Android Market, hoxe é a aplicación oficial de Twitter a que se actualiza.
E faino ao grande, engadindo unha das opcións que máis pedían os usuarios: a xestión de múltiples contas. Ademais resulta moi sinxelo mudar entre unha e outra, polo que tampouco nos costará moito traballo ler o timeline dunha ou doutra e compartir tweets.
Doutra banda, tamén se inclúen nesta actualización as notificacións en tempo real, se o temos seleccionado. Con ilo, poderemos decatarnos das mencións ou dos mensaxes directos moito antes que até o de agora. Un plus para os máis enganchados a este servizo.
A actualización corrixe tamén, como sempre, algún pequeno bug anterior e muda algo o widget de escritorio.
Se xa tedes instalada a aplicación pasádevos polo Market e instalade a actualización. Se non, sempre é un bo momento para facelo, aquí a ligazón ao Market.