Segue a actualidade do Tour de Francia dende o teu Android

As sobremesas de xullo non serían o mesmo sen o Tour de Francia, e como non sempre imos poder estar diante da televisión para ver como vai a xornada ou para ter un seguimento avanzado dacordo aos nosos intereses, dispor dunha aplicación resulta gratamente interesante.
Nesta edición a organización do Tour púxose as pilas e puxo a disposición de quen a queira baixar a aplicación oficial do Tour para Android (tamén existen versións para iPhone e iPad).
Nela poderemos facer un seguimento completo da xornada en tempo real, coas posicións e vantaxes entre os ciclistas grazas aos GPS que levan consigo. Así mesmo, ao final de cada etapa pódese acceder a vídeos e fotos, así como as clasificacións.
Vamos, que xa non teredes disculpa para perdervos a actualidade do ciclismo! Podedes facervos coa aplicación no Android Market. É de balde e está dispoñíbel para todos os androides con versións 2.1 e superiores.
Graciñas a @SapoconchoGZ por informarnos da existencia desta aplicación.

Sobre o autor

Reply