Xa podes adquirir o Arduino Mega ADK para os teus proxectos con Android

O pasado día 10 de Maio Google presentábanos o Android ADK, e xa vos comentamos que tratábase dun kit baseado en Arduino para o control de hardware con dispositivos Android.
Tamén vos comentamos que non estaba claro onde poder adquirir a placa e sobre todo falamos de que o seu prezo, de aproximadamente 275€, parecía canto menos excesivo. Para o que esté interesado en comezar a facer pequenos proxectos comentámosvos que tedes dispoñible un Arduino Mega ADK compatible cos kit de accesorios para o desarrollo Android por 59€ no Arduino Store.
As súas características son:
  • 54 pines de entradas/saidas dixitais (14 dos cales pódense utilizar como salidas PWM)
  • 16 entradas analóxicas, 4 UART (portos seriais hardware)
  • un oscilador de cristal de 16 MHz
  • unha conexión USB
  • un conector de alimentación
  • un conector ICSP
  • un botón de reset
Se vos interesa recordar o que se pode facer co Android ADK dicir que xa falamos nun post do proxecto de AlexTC, no que controla unha placa Arduino Uno cun Nexus One.

Sobre o autor

Reply