Actualízanse as aplicacións de Google+ e Facebook

Parece que a día de hoxe ao falar de Google+ hai que falar de Facebook e viceversa. Pero hoxe non o facemos para comparar senón para informarvos de que as aplicacións para Android de ambas redes sociais veñen de recibir as súas respectivas actualizacións.
Google+
A nova versión de Google+, como é de agardar nunha aplicación dunha rede social que está atraendo a moita xente, corrixe algún que outro bug, como algún problema que atoparon os usuarios do teclado Swype. Mais alén diso tamén se enganden novas funcionalidades.
Así, é posíbel personalizar o stream (timeline) principal, elixindo se queremos ter a actualidade de todos os nosos contactos ou só dun determinado círculo. Doutra banda, tamén nos ofrece a posibilidade de pechar o grupo de xente que nos pode enviar mensaxes polo Huddle (todo o mundo, os nosos círculos, os nosos círculos extendidos…).
Outras opcións que atopamos nesta versión son a posibilidade de fixar unha foto da rede social como fondo de pantalla, ou melloras para facilitarnos as cousas á hora de crear conversas múltiples en Huddle.
Facebook
No que ten a ver coa aplicación de Facebook atopámonos con melloras que van la liña dunha maior facilidade á hora de xestionar as páxinas, así como tamén o soporte para poder subir vídeos directamente nas nosas publicacións.
Así, podemos ver todas as páxinas que “nos gustan” ou xestionar aquelas nas que somos administradores. Ademais, tamén poderemos citar páxinas nos nosos estados usando a @, algo que podíamos facer coas nosas amizades.
Pois se aínda non se vos actualizaron soas, xa sabedes: accede ao Market e seleccionade actualizar. Ah! E se aínda non as tedes instaladas, velaquí as ligazóns ao Market web para Google Plus e para Facebook.

Sobre o autor

Reply