Que nos imos atopar en Honeycomb 3.2?

Estes días as Motorola Xoom estanse a actualizar á versión 3.2 de Android (Honeycomb). Tamén Asus, fabricante do sonado Transformer, comentou que está a traballar para lanzar a actualización en breve. Mais, que nos imos atopar con esta nova actualización? 
Como é de imaxinar, non se trata de grandes cambios (ao igual que está a pasar coas diferentes versións de Gingerbread que van saíndo 2.3.2, 2.3.3, 2.3.4…), xa que este virá coa chegada de Ice Cream Sandwich (Android 4.0), pero non por ilo deixan de ter interese. Basicamente serán 3 os puntos nos que mellorará Honeycomb, a saber::
  • Adaptabilidade a pantallas de 7 polgadas. Existen diversas tablets con este tamaño, a meirande parte delas empregando Gingerbread (2.3), unha versión de Android pensada para smartphones máis que para tablets. Por iso, dende agora, as tablets máis pequenas tamén poderán correr este sistema operativo.
  • Reescalado de aplicacións. Isto está pensado para que se poidan usar as aplicacións que non foron deseñadas especificamente para Honeycomb nunha pantalla maior sen que queden mal.
  • Corrección de bugs, como en calquera outra actualización

Aproveitando esta actualización, os fabricantes de tablets aproveitarán para corrixir ou mellorar algunhas características dos seus terminais. Así,

  • Motorola engadirá á Xoom soporte para microSD.
  • Asus mellorará o consumo de batería ao usar o dock.
Do que farán o resto de fabricantes, como Samsung, de momento nada se sabe, pero seguro que non han tardar moito en facer públicas as súas intencións.

Sobre o autor

Reply