Será así a nova aposta de Sony Ericsson?

Hoxe traémosvos unha dose de rumoroloxía a partires do que sería un novo terminal de Sony Ericsson, o Xperia Duo, que todo parece indicar que contará cun procesador de dobre núcleo a 1,4 GHz.. .vamos, unha auténtica máquina.
Tampouco queda atrás a súa cámara, que sería de 12 megapíxeles. Parece que unha boa cámara é un reclamo para moitos clientes e dende Sony non quixeron perder a oportunidade de cumprir coas solicitudes dos usuarios. Súmaselle a isto unha pantalla de 4,5 polgadas con resolución qHD de 960 x 540 píxeles e unha batería de 2500 mAh, moi necesaria para dar vida a un dispositivo destas características.
Como dicimos, son sospeitas, que non características definidas e/ou definitivas. Dende agora ao seu lanzamento, que seguramente será despois do verán (estas datas non se prestan a presentar novidades tecnolóxicas), poden haber moitos cambios. E moito menos falar de prezos, aínda que andará arredor dos 600 €.

Sobre o autor

Reply