SPB Brain Evolution. Exercita o teu cerebro!

Chega o verán, con el as vacacións… e tendemos a deixar a mente en branco, relaxarnos e… non pensar. E vale, iso está ben, está moi ben. Pero despois cústanos volver a coller o ritmo.
E como a algúns xa nos dá vergoña achegarnos a mercar un exemplar de Vacaciones Santillana, sempre poderemos baixarnos un xogo como este, SPB Brain Evolution, que nos manterá activos de mente.
Este xogo inclúe en realidade 12 tipos de actividade que abranguen temas como a lóxica, a aritmética ou crebacabezas. Mais estes doce xogos non poden ser xogados ao chou, senón secuencialmente, xa que tan só superando o anterior poderemos avanzar ao seguinte.
Entre outras cousas, achéganos unha evolución das nosas capacidades mentais, así como tamén a posibilidade de multixogador por se compartimos o noso terminal.
Se xa con isto vos parecía interesante, se vos dicimos que é gratuíto xa o completamos 🙂 Como sempre, podedes descargalo do Market web dende acó.

Sobre o autor

Reply