Actualízase Dropbox con melloras en seguridade

A aplicación de Dropbox para Android recibiu unha actualización cunhas melloras importantes. Destacamos sobre todo a posibilidade de establecer un código de bloqueo para acceder a os nosos datos de xeito que no caso de errar 10 veces a nosa conta será reseteada do noso smartphone. Como apuntamento dicir que aqueles ficheiros de Dropbox dos que xa déramos uso estarán descargados na tarxeta de memoria, é dicir, se conectamos a tarxeta a un PC eses datos son totalmente accesibles, así que olliño coa seguridade.
Outras das novidades que temos son:
– A posibilidade de ver miniaturas das fotos no navegador de ficheiros.
– A posibilidade de borrar carpetas
– Corrección de defectos e melloras de rendemento.
Dropbox está dispoñible no Market de forma gratuita para android 1.5 ou superior.

Sobre o autor

Reply