Dinahosting achega a xestión de dominios a Android

Dinahosting, a empresa galega de hosting web, vén de aproveitar o proceso de renovación do seu web para lanzar a aplicación para Android.
Con ela poderemos controlar bastantes dos procesos que tamén podemos realizar no interface web, como acceder aos datos de cliente, ou ás configuracións de dominios e hosting. Así, accións habituais como a modificación de DNS ou comprobación dos datos sobre os nosos dominios serán moito máis sinxelas ca nunca.
Polo de agora non está dispoñíbel no Android Market, pero podémola instalar baixando o arquivo directamente dende aquí (.apk), iso si, so é válida para versións 2.1 e superiores.

Sobre o autor

Reply