Fíltrase un novo terminal de Samsung

Falar da última filtración de terminais é falar do Samsung Admire, un dispositivo fabricado pola compañía coreana que podería saír á venda en setembro cun prezo que estaría arredor dos 150 dólares.
Trátase dun smartphone de gama media que conta cunha pantalla táctil de 3,5 polgadas e botóns de menú físicos, como podemos ver na imaxe superior. Ademais, vén equipado con Gingerbread (2.3.3) e cámara de 3,5 megapíxeles.
En principio sairía da man dun operador estadounidense, pero se ten éxito é moi probábel que se extenda a todos os países como xa ten acontecido con outros terminais anteriores.
E a vós, que vos parece?
Vía

Sobre o autor

Reply