Manual: Como rootear o Asus Transformer (TF101)

O Asus EeePad ou Asus Transformer é unha tablet moi especial das que corren Honeycomb. E é que esta conta cun teclado como accesorio complementario que fai que teñamos unha tablet e un netbook nun mesmo terminal.

Algúns usuarios quererán facerlle root para ter un control total das súas potencialidades e por iso queremos compartir convosco este terminal que vos axudará a levar a cabo o proceso.

Importante: En ningún caso nos facemos responsábeis do que lle puidera acontecer ao voso terminal despois de executar estes pasos, facédeos baixo a vosa propia responsabilidade.

1.- Se non temos instalado o driver no noso PC, debemos instalalo: Descargaremos o driver e o PC Suite correspondente ao noso sistema operativo (baixar aquí). A continuación instalaremos ambos arquivos no PC e conectaremos o Transformer para rematar a configuración do computador.

2.- Activamos o Debug no Transformer: ir a Axustes -> Aplicacións -> Desarrollo; marcamos Depuración USB e pulsamos Aceptar na xanela que se nos abre.

3.- Descargamos este paquete (baixar aquí) e extraémolo en C:\ Este paso é moi importante e cómpre que revisemos se o temos feito ben, xa que se non se fai ben o resto xa non funcionará.

4.- Comprobamos a conectividade entre o Transformer e a aplicación do seguinte xeito:

  • No PC pulsamos a combinación Windows + R para abrir a xanela Executar. Escribimos cmd e pulsamos Aceptar.
  • Na xanela que se nos abre, escribimos cd C:\NVFlash-GUI-Tool\ADB e pulsamos a tecla Enter.
  • Agora escribiremos adb devices e pulsamos Enter.
  • Neste momento, amosarásenos unha listaxe cos dispositivos conectados ao noso PC, onde cada liña representa un dispositivo polo seu número de serie (15 caracteres).
  • No caso de que non nos aparecese ningún dispositivo, buscaremos en Google como configurar ADB para o noso sistema operativo concreto.

5.- Acceso ao modo APX:

  • Apagamos o Transformer, sen desconectalo do PC.
  • Mantemos pulsados os botóns Subir Volume + Acender até que o PC emita o son de dispositivo conectado. Neste punto a pantalla non chega a acenderse.
  • Cancelamos a instalación automática do driver xa que é preciso o específico de NVidia.
  • Pulsamos en O meu computador (“Mi PC”), en Windows XP, ou Equipo (Windows Vista ou 7) -> Administrar -> Administrador de dispositivos.
  • Localizamos un chamado APX dentro da categoría Outros, que ten un triángulo cun símbolo de admiración dentro.
  • Pulsamos co botón dereito enriba del e seleccionamos Actualizar controlador para instalar o que nós queremos.
  • Na seguinte xanela seleccionamos Non buscar o driver en Internet e pulsamos Seguinte.
  • Na seguinte xanela, marcamos Instalar dende unha ubicación específica e pulsamos Seguinte.
  • Na terceira pantalla marcamos Non buscar e pulsamos Seguinte.
  • Agora, na pantalla que se nos abre pulsamos Empregar disco e introducimos a seguinte ruta para o driver: C:\NVFlash-GUI-Tool\usbpcdriver e pulsamos Aceptar para que localice o driver.
  • Marcamos o driver que nos aparece no listado (NVIDIA USB Boot Recovery…) e pulsamos Seguinte.
  • Aceptamos calquera xanela que nos vaia saíndo e esperamos a que remate de instalar o driver.

6.- Accedemos a O meu Computador -> C:\ -> NVFlash-GUI-Tool e executamos o arquivo NVFlash_GUI_Tool.exe


7.- Pulsamos o botón que pon NVFlash Mode e agardamos a que remate (na pantalla do Transformer aparecerannos unhas liñas de texto. A última porá “¡¡¡phone update success!!!“.)

8.- (Opcional) Pulsar o botón Backup por se queremos voltar á ROM de serie nalgún momento e agardamos a que remate (lévalle tempo, até 10 minutos ou así).

9.- Pulsamos o botón Root e agardamos a que remate (debe aparecer de novo a mesma frase de antes: “¡¡¡phone update success!!!“)

10.- (Opcional) Pulsamos en Install CWM para instalar un recovery personalizado.

11.- Despois de completar os pasos anteriores correctamente (sempre hai que agardar a que a barra de progreso remate e se peche a xanela) debemos apagar o Transformer mantendo pulsado o botón de acendido durante 10 segundos.

12.- Dende ese momento, xa es root 😀

13.- (Opcional) Instalar a aplicación SuperUser (para xestionar peticións de root) e os servizos de BusyBox (comandos avanzados que usan algunhas aplicacións que precisan ser root).

  • Acendemos o Transformer de forma normal e agardamos que arranque por completo.
  • Abrimos a aplicación de flasheo se a temos pechado como se indica no punto 6.
  • Pulsamos en Root Tools e agardemos a que termine de instalar.
  • Xa podemos pechar a aplicación e desfrutar destas ferramentas.
14.- (Opcional) Actualizar o recovery a un específico para tablets (non elimina os arquivos gardados na memoria interna do Transformer ao facer un reseteo dende el).
  • Descargamos este arquivo (baixar aquí) e o metemos na raíz da tarxeta microSD (é obrigatorio que sexa na tarxeta e non na memoria interna).
  • Apagamos o Transformer e o arrancamos en modo recovery, mantendo pulsado Baixar Volume + Acender e, en canto apareza un texto na parte superior da pantalla, pulsamos Subir Volume.
  • Coas teclas de volume seleccionaremos a liña que pon install zip from sdcard e pulsamos a tecla de acendido para confirmar.
  • Navegamos até a opción choose zip from sdcard e seleccionamos a tecla de acendido.
  • Situámonos enriba do arquivo descargado pulsando as teclas de volume e o seleccionamos coa tecla de acendido.
  • Marcamos a opción Yes, install recovery… e pulsamos a tecla de acendido.
  • Agardamos a que remate de actualizarse o recovery.
  • Desprazámonos até a opción que pon ++++Go Back++++ e a seleccionamos.
  • Marcamos a opción que pon reboot system now e pulsamos o botón de acendido.
  • Xa temos actualizado o recovery
Este manual foi elaborado polo desarrollador galego Kix2902, autor de aplicacións como gAppsLauncher ou a propia de Mallando, empregando como fontes este titorial root e este titorial para actualización recovery.

Sobre o autor

Reply