Sácalle todo o partido á barra de notificacións do teu Android

O máis seguro e que teñades visto nalgún terminal Android o acceso a certas accións, como pode ser activar/desactivar o WiFi, o GPS… despregando a barra de notificacións. Isto pódenos resultar moi cómodo se non queremos ter un widget de escritorio que faga esa función ou o que sería peor: ter que andar polos menús na procura do que queremos activar/desactivar.
Con Notification Toggle poderemos levar este tipo estes botóns ás barras de notificacións da meirande parte de Androides, sempre e cando teñan versións de Android superiores á 2.0.
Así, poderemos engadir botóns para activar/desactivar a WiFi, o Bluetooth, o modo silencio, a rotación da pantalla ou o modo avión. Ademais, tamén nos ofrece a posibilidade de engadir accesos directos a outras aplicacións que queiramos ou tamén facer certas configuracións de modos que queremos que se nos amosen.
Podedes atopar a aplicación, que é gratuíta, no Android Market.

Sobre o autor

Reply