Cambia o xeito de ver a galería de fotos do teu androide con Quickpic

Ogallá todo na vida fose tan doado de mudar como en Android.. que non nos gusta a galería de imaxes? Vale, ok, cambiámola. Así de sinxelo. E un xeito de facelo é empregando Quickpic, unha aplicación que se encargará de cambiar o xeito en que vemos as nosas imaxes.
Entre as opcións máis interesantes que nos ofrece esta aplicación está a de poder decidir que cartafoles amosar, para non ter todo o feixe de fotografías á vista (imaxinade o marrón de estar ensinándolle á vosa xefa as imaxes do congreso ao que vos mandou e que saia unha na que se vos ve disfrutando dun caralludo mojito na praia, ouch!) ou xeolocalizar sobre o mapa as imaxes para ver onde foron tomadas.
Ademais resulta algo máis rápido que o propio de Android – non moito – e permite levar a cabo accións como copiar/pegar ou renomear dun xeito máis intuitivo.
Esta aplicación é gratuíta e vale para todos os androides con versións 2.0 e superiores. Para descargala, como sempre, no Android Market.

Sobre o autor

Reply