DC Comics, banda deseñada no teu androide

Superman, Batman, Wonder Woman, Flash… todos eles teñen en común que son exemplos de banda deseñada publicados por DC Comics. Na actualidade, publican máis de 80 títulos ao mes e algo máis de 1000 libros.

Pero como o tema das publicacións está xirando cara os formatos dixitais, dende DC Comics apostaron por crear unha aplicación para Android dende a cal poder descargar os exemplares de banda deseñada para ler onde queiramos, claro que será moito máis cómodo se o facemos dende unha tablet.

Na aplicación, atoparémonos máis de 300 exemplares de balde e outros que podemos mercar a prezos que van dende os 0,99 $ aos 3,99 $. A aplicación de DC Comics é gratuíta, e podédela descargar dende o Android Market para todas as versións 2.1 e superiores. Non deixedes aos vosos superheroes na casa!

Sobre o autor

One Response

  1. eu 21 Xullo, 2011 Responder

Reply