Winnie The Pooh chega a Android

Os pequechos da casa están de noraboa, porque un dos personaxes Disney vén de aterrar no universo Android. Falamos de Winnie The Pooh, o oso dos debuxos animados que agora chega en formato libro-puzzle.
Este libro-puzzle está orientado a nenas e nenos de entre 3 e 7 anos, que terán que axudar a Winnie a superar certas aventuras para atopar mel. Entre outras características conta coa posibilidade de seleccionar a autonarración da historia ou poñer o sonido en off para que os pícaros poidan ler pola súa conta a historia coas súas animacións. Ademais, está dispoñíbel en diversos idiomas (inglés, francés, español, alemán e xaponés).
Se queredes facervos coa aplicación, podedes atopala no Android Market, iso si, custa 2,10 €.

Sobre o autor

Reply