Cando probamos Google Music xa comentamos que unha gran eiva era que non había xeito de empregar o xestor dende Linux.
Mais iso cambiou e xa están dispoñíbeis os arquivos Debian/Ubuntu e Fedora/openSUSE, así que agora xa non hai disculpa para non disfrutar do servizo de música de Google na nube! Iso si, segue habendo que facer o truco do proxy para pedir convite, xa que a beta aínda non está aberta a todos os países.