Fruit Ninja: agora, de balde

Fruit Ninja é outro deses xogos que, como Angry Birds, combinan sinxeleza e diversión asegurada. O obxetivo do xogo é ir cortando diferentes tipos de froita para mellorar a nosa técnica ninja e para ilo dispomos de tres modos de xogo:
  • Classic: o obxetivo deste modo é cortar o maior número de froitas que poidamos, aínda que debemos ter coidado, porque entre a froita agóchanse bombas que se as  cortamos fan que remate o xogo.
  • Zen mode: neste caso debemos intentar cortar o maior número posíbel de froitas en minuto e medio, para ser capaces de irnos superando co tempo.
  • Arcade: este novo modo inclúe poderes especiais que nos permitirán facer conxelacións e ter opción a obter dobres puntuacións.
Pero o mellor de todo é que este xogo xa está dispoñíbel de xeito gratuíto (e na versión completa) para todos os androides 2.1 e superiores e podemos descargalo do Android Market. Iso si, esta versión está soportada por publicidade. Se queremos quitala podemos baixarnos a versión completa por 0,90 €.

Sobre o autor

Reply