Estes días déronse a coñecer dúas novas tablets de gama media que verán a luz o vindeiro mes de setembro. Trátase da Andy Pad e da Andy Pad Pro, dous dispositivos cuxos prezos serán de 146 e 200 € respectivamente.
Ambos dispositivos veñen equipados con Gingerbread, que como sabedes é unha versión orientada a smartphones e non a feita especificamente para tablets. De todos os xeitos xa existen outras moitas tablets con esta versión de Android e que funcionan realmente ben, quizais a máis coñecida a primeira Galaxy Tab.
Ademais, as dúas tablets Andy contan con pantalla de 7 polgadas, procesador de 1,2 GHz e optimización para xogos 3D.
As diferenzas entre ambos disposivos van máis aló da memoria, 8 GB na versión económica e 16 GB na pro. E é que a tablet máis barata dispón de pantalla resistiva, cámara frontal e resolución de 800×480 fronte á pantalla capacitiva, dobre cámara e resolución de 1024×600 da súa irmá maior.
O certo é que a nova destes lanzamos low cost é moi positiva, xa que poñen dispositivos de características decentes a disposición de moitos petos, e que para usuarios medios son máis ca suficientes. Ademais disto, en vista das características e pequena diferenza de prezo entre ambas tablets, nós recomendaríamos a versión pro a todos os usuarios.
Sobre dispoñibilidades, como comentamos ao comezo da entrada, chegarán ao mercado do Reino Unido en setembro e supomos que se extenderán a outros mercados segundo os resultados que se obteñan aló, aínda que todos sabemos que podemos mercar este tipo de cousas facilmente por Internet.
Que vos parecen estes novos dispositivos?
Máis info