Save Toshi, agora tamén en Android

Save Toshi é un dos xogos que máis triunfou no panorama iPhone e que agora vén de aterrar en Android con intención de colleitar un éxito semellante.

Trátase dun xogo de puzzles físicos en tres dimensións nos que debemos axudar a Toshi, unha popstar nipona á que debemos axudar a chegar á pista de baile, xa que coas súas danzas vai matando aos enimigos, facendo que o mundo estea en paz.
O xogo componse de máis de 100 níveis e podemos xogar aos 20 primeiros de xeito totalmente gratuíto baixando a aplicación dende o Android Market para versións superiores á 2.0

Sobre o autor

Reply