Imaxinade que frustración perder ou que nos rouben o noso smartphone ou tablet. Pois precisamente pensando niso, dende Samsung desarrollaron SamsungDive, unha ferramenta que nos achega varias solucións para eses momentos de desesperación.
Grazas a este servizo poderemos mudar o esquema de son para activalo (imaxinade que tedes o voso smartphone tirado pola casa e en silencio…) e facelo soar en remoto ou facer un completo seguimento do noso terminal a través do GPS en intervalos de 15 minutos.
Outras opcións que podemos atopar en SamsungDive son o bloqueo do terminal, a restricción de chamadas, o envío dun aviso á pantalla ou o borrado dos datos en remoto.
Trátase dun servizo gratuíto de Samsung, que podedes (e debedes se tedes un terminal Samsung) activar nesta ligazón.
Atopeime cun problema. Rexístrome como usuario Samnsung e cando premo na icona para rexistrar o teléfono non me leva a ningunha páxina.
Eu xa estaba rexistrado en Samsung, entrei e non tiven que rexistrar o teléfono. Tamén se me fixo raro, pero probei as funcións (por exemplo a chamada) e xa foi.