Xa temos comentado máis dunha vez que Vodafone aposta forte por Android, co lanzamento dos principiais terminais co sistema operativo de Google. Quizáis por iso lanzou antes para Android que para iOS a aplicación Mi Vodafone, coa que poder xetionar moitas cuestións relacionadas coas liñas contratadas.
Así, a través da aplicación Android de Mi Vodafone poderase acceder á última factura emitida, ver o histórico mensual, mudar de tarifa, consultar promocións vixentes ou os puntos acumulados.
Co lanzamento desta aplicación Vodafone convírtese no primeiro operador en proporcionar aos seus clientes dunha ferramenta cómoda para facer as súas consultas, cunha interface sinxela e áxil, algo que de seguro agradecerán os seus clientes e que esperamos repliquen dende a súa competencia.
Por suposto, trátase dunha ferramenta gratuíta que se pode descargar dende o Android Market para todos os androides