Xogando ás adiviñanzas

Adiviña, adiviñanza, a ver se sabedes que personaxe vos traemos hoxe? Pois hoxe vos traemos a Akinator e o caso é que se trata dun xenio que tentará adiviñar aqueles personaxes nos que esteamos a pensar.
Este xogo baséase en responder a unhas sinxelas preguntas con respostas do tipo “Sí”, “Non”, “Tal vez”, de xeito que cando o xenio teña dado co personaxe no que estamos a pensar, xa sexa real ou ficticio, amosaranos o nome e unha foto.
A nota negativa do xogo é que necesitamos da conexión a internet para xogar a Akinator.
Se queredes probalo antes de instalalo, podedes acceder á súa web.
Akinator está dispoñible no Market de forma gratuita para Android 1.1 ou superior.

Sobre o autor

Reply