Google optimiza o seu buscador para tablets

Google vén de facer cambios na súa característica máis universal, o buscador, para ofrecer unha experiencia moito máis completa ao acceder a el a través de tablets con Honeycomb ou o iPad.
Así, os resultados serán máis semellantes aos que podemos atopar na versión de escritorio, con accesos directos a imaxes, lugares, vídeos ou compras.
Estes cambios están dispoñíbeis en 36 idiomas, entre eles o español. Podedes comprobalo entrando coa vosa tablet en Google

Sobre o autor

Reply