MyTubo, a rede social das fotos para Android

Hoxe en día temos redes sociais de tódolos tipos: Facebook, Google+, Twitter, Flickr, Youtube, redes sociais para todos os gustos e cores. A pesar diso, algúns botamos de menos unha rede social do tipo Instagram coma a que hai para a plataforma iOS do iPhone pero neste caso para Android para así compartir as nosas imaxes ao tempo que poderemos ver as imaxes de outras persoas.
MyTubo é a aplicación para Android da rede social do mesmo nome coa que poderemos compartir as nosas fotos puidendo ao mesmo tempo aplicarlle unha serie de efectos para darlle un toque de distinción ou de orixinalidade.
Como ocorre co Instagram, esta aplicación permítenos compartir as publicacións coas redes sociais das que déramos uso coma Twitter, Facebook, Flickr, etc.
Destacamos que poderemos dar uso da aplicación sen estar rexistrados a modo de darlle efectos as nosas fotos, pero si que deberemos ter usuario se queremos facer uso da rede social tanto en Android coma na súa web.
Mytubo está dispoñible no Market de forma gratuita para android 2.1 ou superior.

Sobre o autor

Reply