ASUS Eee Pad Slider, unha tablet con teclado incorporado que comezará a aparecer nas tendas a partires de outubro

Cando Asus presentou as súas tablets fíxoo amosando a Eee Pad Transformer e Eee Pad Slider, se ben é certo que até o de agora só temos nas tendas a primeira delas, que está a resultar un éxito en vendas grazas ao seu accesorio principal, o teclado que se lle pode acoplar, é ao bo traballo da compañía en canto á xestión das actualizacións.
Agora, varios meses despois da súa presentación e tendo en conta a boa acollida desta tablet, dende Asus queren apostar polo segundo dispositivo, o Eee Pad Slider, cuxas características técnicas son practicamente as mesmas que a do Transformer. A gran diferenza con este é que xa incorpora teclado sen accesorios complementarios, que se sitúa na parte inferior da pantalla e e pode recoller ou non segundo o uso que lle queiramos dar.
O certo é que con estas características parece que a distancia entre tablets e netbooks é cada vez menor e moitos prescindirán dos segundos pola serie de vantaxes que ofrecen as tablets.
Outros aspectos que podemos destacar deste dispositivo son os que seguen:
  • Procesador Nvidia Tegra 2 a 1 GHz
  • Sistema operativo Honeycomb (3.1, actualizábel vía OTA a 3.2)
  • Memoria de 16/32 GB
  • Dobre cámara (traseira de 5 MP, dianteira de 1,2 MP).
Pero non será até o mes de outubro cando vexamos este modelo nas tendas españolas, polo menos a través de The Phone House (aínda que supoñermos que tamén noutras tendas nas que temos a día de hoxe o Transformer, como El Corte Inglés), cun prezo que rondará os 500 €.

Sobre o autor

Reply