Descarga o tema de Google+ para o teu ADW Launcher

Xa hai bastante tempo falamos de ADW Launcher, unha ferramenta que nos permite personalizar máis o xeito en que vemos a pantalla do noso Android, así como tamén a orde na que queremos que aparezan as nosas aplicacións.
Como vos comentaramos daquela, existen multitude de temas que podemos aplicarlle para darlle un toque máis persoal. Entre eles, podemos destacar un elaborado gardando as semellanzas da imaxe de Google+ e que fará as delicias das e dos googlers máis apaixonados.
Este tema é gratuíto e podemos baixalo do Android Market, iso si, debemos ter instalado ADW Launcher

Sobre o autor

Reply