A galega Blusens prepara un tablet low cost e un STB

A semana pasada Miguel Silva Constenla, cofundador da empresa galega de electrónica de consumo Blusens ensinounos os seus futuros dispositivos Android.
O primeiro é un tablet Android de 7 pulgadas. Este é un dispositivo Android de baixo custo pero con algo diferente: unha funda cun teclado integrado que se conecta ao tablet mediante USB. O tablet estará dispoñible en aproximadamente dous meses por uns 160 euros.
En contra:
  • Pantalla táctil resistiva: Miguel díxonos que a pantalla capacitiva incrementaría o custo sobre 50€, pero a experiencia coa pantalla resistiva é bastante mala.
  • Android 2.x: (cando se lance vai levar Android 2.3). Estes dispositivos de gama baixa non soportan Honeycomb.
  • Non ten Android Market: Ao non estar certificado por Google non pode levar instalado o Android Market (entre outras cousas para estar certificado necesitaría botóns físicos: o tablet ten botóns por software na barra de notificación). A ROM instalada no prototipo tiña o market SlideMe, pero non parece unha boa alternativa. A solución sería instalar manualmente o Android Market (copiando os arquivos GoogleServicesFramework.apk e Vending.apk de outro dispositivo a carpeta /system/apps dir), pero esto necesita coñecementos avanzados de Android…

A favor:
  • 160€ é un prezo moi baixo, estes dispositivos son moi adecuados para nenos ou para xente de países nos que non se poden permitir pagar 400€ por un ordenador.
  • Funda elegante con teclado integrado: moi bo para introducir texto de forma rápida, contestar correos durante viaxes, etc… O tablet se transforma en algo parecido a un netbook, compensando a mala experiencia coa pantalla táctil.
  • Centro de soporte ao cliente e reparacións local: Polo mesmo prezo podes mercar un tablet chinés pero no terás o soporte ao cliente e o centro de reparacións en Santiago de Compostela.

O outro dispositivo é un Set-top-box Android. Blusens ten moita experiencia co seu web:tv e están investigando para lanzar un dispositivo similar con Android. Amosáronnos un prototipo executando Android 2.2.
O dispositivo incluirá un mando a distancia cun teclado completo e o punteiro funcionará coma o mando da Wii, apuntando cara o TV. Algúns accesorios opcionais serán un sintonizador de TV e unha webcam.
Parece unha proposta arriscada cando GoogleTV aínda non está no mercado, pero estará moi ben ter aplicacións Android na TV. Tamén nos comentaron os seus plans para integrar dispositivos similares nas súas futuras televisións.
Nota do editor: este artigo foi redactado integramente por Alfonso Alonso Ruibal e publicado orixinalmente no seu blogue, ofrecéndonos a posibilidade de reproducilo en Mallando no Android, polo que dende aquí agradecemos o seu ofrecemento a no lo ceder desinteresadamente.

Sobre o autor

Reply