Skype actualízase, incorporando máis dispositivos compatíbeis con vídeochamada

A comezos de xullo recibimos a boa nova de que por fin Skype incorporaba videochamada, se ben é certo que só para un número reducido de dispositivos, aínda que ampliábel cunha versión hackeada.
Mais agora, vén de actualizarse e entre as novidades que incorpora a nova versión está a inclusión de novos dispositivos compatíbeis coa videochamada, en total 17 (certificados): 
  • Acer: A5.
  • HTC: Desire (con Froyo), Desire HD, Evo 3D, Evo 4G, Flyer, Incredible S, Sensation, Thunderbolt (Verizon).
  • LG: Revolution (Verizon)
  • Samsung: Galaxy S, Galaxy S II, Galaxy Tab
  • Sony Ericsson: Xperia mini pro, Xperia Play, Xperia Ray
Para o resto de terminais que non estén na lista, con Android 2.2 ou superior poderanse usar as videochamadas configurando manualmente o servizo. Para ilo, no menú de Axustes da aplicación hai que seleccionar “permitir vídeochamadas”.
Vía

Sobre o autor

Reply