Tras o anuncio de onte de Orange sobre o lanzamento da Galaxy Tab 10.1, Vodafone responde anunciando a dispoñibilidade do mesmo dispositivo dende mañá na Tenda Online, cos seguintes prezos:
- 199 €, contratando a tarifa Internet Contigo Oro de 49 €/mes
- 269 €, contratando a tarifa Internet Contigo Ilimitado de 39 €/mes
- 339 €, contratando a tarifa Internet Contigo Express de 32 €/mes
- 389 €, contratando a tarifa Internet Contigo de 19 €/mes
- 419 €, contratando a tarifa Internet Contigo de 15 €/mes
- 499 € sen permanencia.
No caso de prezos vencellados a tarifas a permanencia será de 24 meses e como promoción de lanzamento, se se colle en agosto as tarifas de datos terán as cotas ao 50% durante 6 meses.
Ademais, os 500 primeiros clientes en adquirir a Tab dende a tenda en liña recibirán unha funda orixinal de Samsung de agasallo.