A tablet para as e os pequechos da casa

A diferenza doutras alternativas, con Android podemos dicir que temos unha tablet para cada un de nós: tanto se somos xogóns, fanáticos do multimedia ou aficcionados a estar na casa tranquilamente ollando xornais. Como non, os pícaros da casa tamén teñen a súa tablet Android: Vinci Tab
Por suposto non falamos da tablet con mellor procesador ou mellor cámara, nin tampouco coa ultimísima versión de Android, senón dun dispositivo deseñado para aguantar caídas e trato por parte de bebés e nenos pequenos, fabricado en materiais exentos de elementos tóxicos para que non haxa ningunha preocupación.
Trae preinstalados xogos categorizados por meses (18-36, 24-60, 18-60), pensados para mellorar a capacidade de movemento e estimulación, a coordinación man-ollo, aprender a debuxar e xogos de vocabulario… e así un longo etcétera.
Tamén atoparemos nela outras aplicacións pensadas para nenos desa idade, como libros de contos ou aplicacións musicais, que tanto gustan nesa idade.

Na parte máis técnica, destacamos as súas principias características:

  • Procesador de 1 GHz.
  • Sistema operativo: Android 2.2 (Froyo)
  • 512 MB de RAM
Non conta con Wifi nin conexión 3G, din que para interferir o máis mínimo na saúde dos nenos, 
En canto a prezo, estará dispoñíbel nos Estados Unidos dentro de 5 días por uns 275 €, un prezo moi competitivo tendo en conta a potencialidade do equipo en comparanza con outros dispositivos (os chamados “portátiles de nenos”) que vemos moitas veces nos centros comerciais.

Sobre o autor

Reply