Strava Cycling, para os amantes do deporte das dúas rodas

Xa non é a primeira vez que falamos de aplicacións para levar o control dos nosos obxetivos deportivos, entre eles o ciclismo. Así, o pasado mes de xuño publicamos unha entrada falando sobre Runkeeper, e hoxe completamos a información con outra que fará as delicias dos amantes das dúas rodas.
Falamos de Strava Cycling, unha aplicación pensada para a xente que fai ciclismo e que lle gusta monitorizar todo o percorrido que fai para poder levar un control dos seus avanzos. Así, Strava Cycling gardará o mapa da ruta e outros datos de interese, como tempos, distancias, velocidades, altitudes… para que non perdamos detalle.
Pero ademais Strava Cycling ten un compoñente social engadido que se completa cunha páxina web que é á vez rede social. Nela teremos o noso perfil onde poderemos facer un seguimento completo do noso progreso con estatísticas varias, mais tamén compartir con outros usuarios as nosas marcas.
A aplicación é gratuíta e podémola atopar no Market. Require contar con versións de Android superiores á 2.1.

Sobre o autor

Reply