Crea unha aplicación para o teu blogue en poucos pasos (e gratis)

Pode que máis dunha vez pensaras que estaría ben contar cunha aplicación para o teu blogue… pero o mero feito de pensar en ter que aprender unha linguaxe de programación que non coñeces pode que che botara para atrás.
Afortunadamente existen servizos que nos ofrecen a posibilidade de crear a nosa aplicación Android en cuestión de minutos, sen coñecementos previos e, o mellor de todo: gratis.
Un destes servizos e Feed.nu, que nos permite facer unha aplicación-lector de rss. Para poder empregalo debemos rexistrarno cubrindo unha serie de datos que nos piden no seu formulario web. Feito isto, ao entrar no noso panel teremos un panel á esquerda no que debemos elixir Feed Settings.
Na páxina que se nos abrirá a continuación debemos introducir o enderezo do noso blogue (ou varios se queremos que sexa un lector de varios feeds).
A continuación faremos clic no botón Android, no menú anterior, e se nos amosarán doas as opcións que podemos configurar.
  • Language: neste apartado temos todo o texto da aplicación (menús, avisos, étc). Podemos escoller un dos idiomas que están predefinidos (inglés ou sueco) ou ben traducir nós todos os textos ao idioma que queiramos.
  • Appearance: é quizais a parte máis importante, porque escollemos a apariencia que terá a nosa aplicación (cores, imaxes de cabeceira, logos e iconas da aplicación…). Só se admite que as imaxes estén en png.
  • Settings: neste apartado hai outras cuestións relativas á personalización, como a posibilidade de mudar o formato de hora ou decidir se queremos subir a nosa aplicación ao Android Market ou deixala nos servidores de Feed.nu. Para subila ao Android Market debemos rexistrarnos nel como desarrolladores, pagando 25 $. Se non temos pensado facer moito máis de desarrollo Android compénsanos mantela nos servidores de Feed.nu e compartir a ligazón do ficheiro aplicación (ou descarcala e compartir o arquivo .apk).
O paso final consistirá en acceder ao apartado Android e clicar en Generate APK. Nese momento recolleranse todas as contribucións á aplicación que teñamos feito nos pasos anteriores e xerará o arquivo executábel que podemos descargar e probar.
Doado non? Contádenos se facedes a vosa aplicación! 🙂

Sobre o autor

Reply