Ás veces interésanos ter as aplicación que empregamos máis a miúdo a tiro de pedra… e como non é plan escachar o noso flamante smartphone (brincadeira mala, mala mala), mellor instalamos unha aplicación que nos facilite as cousas.
Hoxe queremos falarvos de AppShaker, unha ferramenta que nos permite configurar unha aplicación de uso frecuente para que se abra soa ao axitar o noso móbil, facendo uso do acelerómetro. Iso si, non todas as aplicacións se poden abir con esta aplicación.
A propia aplicación permite axustar algúns parámetros, como a intensidade do meneo necesario para abrir a aplicación ou se queremos que esta funcionalidade esté operativa dende que se inicia o sistema operativo. Tamén permite desactivar o servizo até nova orde sen ter que instalar/desinstalar AppShaker.
Podedes atopar a aplicación no Android Market. É gratuíta e válida para todos os androides con versións superiores á 2.1