Lightbox, outro xeito de fotografía social

De seguro tedes oído falar moito de Instagram, unha combinación de aplicación de tratamento fotográfico e rede social que triunfa en iPhone. E tense falado moito de que “lamentabelmente” non existe en Android. Non vos preocupedes, porque os androides temos unha chea de alternativas a Instagram, algunha delas que melloran moito a sonada aplicación para iOS.
Unha destas opcións é Lightbox, unha aplicación que recolle todas as imaxes que os nosos amigos van subindo a diferentes servizos, como Twitter, Facebook, Foursquare ou Tumblr e no-las amosa dun xeito moi visual dun único sitio.

Mais non só iso, se a foto está en Facebook poderemos comentar directamente no fío de comentarios da imaxe, ou se está en Twitter facer, por exemplo, retweet da mesma.
Doutra banda estaría a parte máis creativa, que nos permite sacar fotos e compartilas nas redes sociais citadas antes aplicando ou non efectos, entre os que se atopan os míticos “antigos”, branco e negro, sepia, etcétera.
Así que xa sabedes, se vos gusta andar sacando fotos co voso androide e compartilas nas redes sociais, non deixedes de probala, que ademais é gratis e está dispoñíbel para todos os 2.1+.

Sobre o autor

One Response

  1. porta 9 Agosto, 2011 Responder

Reply