Galaxy Xcover, o Samsung para a xente máis activa

Samsung quere ter tamén a súa parte do pastel nos smartphone todoterreo, pensados para aquela xente que adoita estar en situacións máis extremas, como os que practica deportes de montaña ou quen traballa nalgún posto que lle impide ter moitos coidados.
Salpicaduras, pó ou caídas son algunhas das súas principais fortalezas, mais o tema das salpicaduras inda pode ir pouco máis adiante, pois é sumerxíbel (aínda que non se recomenda máis de 30 minutos).
Das súas características pouco se sabe, ademais de que conta cunha cámara de 3,2 MP e unha pantalla de 3,65 polgadas. Por suposto, virá con Gingerbread (a última versión de Android no mercado).
Sobre a súa dispoñibilidade sábese que estará no mercado do Reino Unido e en Ucraína no mes de outubro, aínda que sen prezo de saída polo de agora. Esperemos que se decidan a poñelo tamén á venda en España. Eu xa lle vou vendo uso que darlle 🙂

Sobre o autor

Reply