Se vos gustan os pementos e tedes un Android… estades tardando en instalar esta aplicación: Pementos Analyzer.
Grazas a ela, enfocando a cámara do noso terminal cara un pemento saberemos instantaneamente se o susodito será dos que pican ou non, vamos, unha aplicación básica que non debera faltar en ningunha cociña galega.
A aplicación funciona en todos os androides con versións 2.2 e superior. Iso si, como ben din na descrición da aplicación no Market, é infalíbel. Así que se che di que un pemento non pica e a ti si… faite mirar o padal.
Graciñas a R por informarnos desta aplicación. Ti tamén podes facelo enviándonos un correo a android@mallando.com ou a través do Twitter @mallandroid
Asáltanos unha dúbida:
¿Os pementos teñen que estar cociñados ou non?
Suxerencia para a version 2.0: identificación da bandexa completa no chiringuito, márcando cunha caveira os que pican.
Si, presupóñense cociñados 😛
PS: Boa aportación a da bandexa completa jeje
Según na foto estaría sin cociñar.