RACE conta cunha aplicación que fará máis cómoda a condución

RACE conta cunha aplicación no Market, Seguridad Vial RACE, coa que pretenden axurdar aos condutores nos seues desprazamentos por estrada. Realmente trátase dunha aplicación que semella incluír a converxencia de varias, o cal resulta interesante para non ter que liarse moito.
Quizais unha das funcionalidades máis destacadas sexa a de contar co mapa de radares e a posibilidade configurar avisos antes de chegar a eles. Pero esta non é a única, senón que ademais temos:
  • Información meteorolóxica en tempo real
  • Incidencias de tráfico en tempo real (atascos, accidentes, avarías).
  • Situación de gasolineras con prezos de carburantes.
  • Vídeos de formación a modo de titorial, por exemplo, amosando a poñer as cadeas ou cambiar unha roda.
  • Acceso a teléfonos de interese e emerxencias.
  • Novas da RACE
  • Fixar a posición do noso coche ao aparcar para non andar dando voltas polo aparcadoiro (sempre e cando esteamos a ceo aberto, porque funciona con GPS).
  • Denuncia de problemas de sinalización ou infraestrutura que afecten á seguridade viaria.
Podemos descargar a aplicación dende o Market, que é gratuíta e válida para todos os androides 2.1 e superior.

Sobre o autor

Reply