Se tedes un Android, medirvos o ritmo cardíaco é máis sinxelo do que puidérades imaxinar. E é que con Cardiograph para Android tan só teredes que facer 3 cousas:
- Iniciar a aplicación
- Presionar o botón de ON.
- Poñer o dedo tapando a cámara de fotos (traseira).
Con isto xa verdes que a aplicación dá un pitido (se temos activado o son) con cada un dos nosos latidos, amosando tamén a frecuencia en pulsacións por minuto e unha imaxe ao máis estilo cardiograma. Pode que non sexa o método máis exacto do mundo, pero funciona bastante ben e para ter unha aproximación boa é máis ca suficiente.
Esta aplicación é gatuíta e está dispoñíbel no Market para todos os Androides.
Graciñas a @moisesmuros por recomendarnos esta aplicación. Ao igual ca el, vós tamén podedes facernos suxestións a través do correo electrónico ou do Twitter @mallandroid.