Controla o gasto do teu número Pepephone

Hoxe en día, coa crise, unha das cousas das que non deberemos pasar por alto é o control dos nosos gastos, sobre todo os das nosas tarifas de móbil porque ao mínimo descuido e a factura pódese disparar.Xa que as operadoras cóbrannos por un servizo que na maioría dos casos antes era gratuito como é a consulta do saldo por SMS, o que facemos a maioría é consultar o consumo vía web xa sexa co PC ou co smartphone. Esto último se cadra é un pouco molesto xa que este tipo de páxinas, nos smartphones, non van nada ben. Para iso o mellor é usar una aplicación que cunha simple configuración mantéñanos ao tanto do noso consumo.

Aínda que Pepephone leva un tempo intentando sacar a súa propia aplicación para smartphones o caso é que a cousa faise esperar e para os que non queremos agardar máis tempo temos Pepesaldo.
O que nos permite esta aplicación de xeito sinxelo é:

  • Consulta do consumo de chamadas e mensaxes.
  • Tabla detallada das chamadas e mensaxes integrados coa axenda.
  • Consulta do consumo de datos con gráfica detallada do consumo por días.
  • Soporte de múltiples liñas.
  • Consulta de puntos de viaxe acumulados.
  • Alertas para gastos en chamadas ou en datos.
Lembrade que xa vos falamos da aplicación coa que poderedes consultar os vosos números da operadora Vodafone.
Pepesaldo está dispoñible no Market de forma gratuita para android 2.1 ou superior.

Sobre o autor

Reply