De vez en cando os fabricantes sorpréndennos con terminais que, alén de cumplir todo o que se agarda dun smartphone, teñen algunha que outra característica “extra”, como pode ser a resistencia a condicións extremas.
Neste caso non estamos a falar de condicións extermas como tal, pero si da auga, pequenos golpes e pó, que quizais sexan os factores potencionalmente máis perigosos e frecuentes para un smartphone. O protagonista, o Motorola Defy+, unha revisión do Motorola Defy.
Trátase dun terminal que conta cun procesador TI OMAP 2620 a 1 GHz e unha batería de 1700 mAh, 200 mAh máis que o seu predecesor. Do resto das súas caraceterísticas destacamos:
- Pantalla de 3,7 polgadas
- Android Gingerbread (2.3.4)
- Memoria interna de 2 GB + 2 GB extra en microSD incluída, ampliábel.
- Cámara de 5 MP
Pero se cadra, o mellor dese anuncio é que non teremos que agardar unha barbaridade, porque estará no mercado europeo a comezos do outono.
bueno, básicamente é o que xa teño no meu defy hoxe en día 😉
a miña CPU está “overclokeada” a 1Ghz, e como lle mudei a rom á CM7 pois tamén teño “gingerbread” no terminal, así que só ofrecen un chisco máis de capacidade na batería.
o caso, que non se estruxaron moito a cachucha para renovar o móbil en cuestión, máis marketing que outra cousa.
por certo, gran terminal este defy 🙂
Certo, os cambios apenas son significativos, simplemente mellora algún pequeno detalle (vamos, evolución tecnolóxica normal) e o tema de resistencia aos factores comentados.
qué va! nin eso, a especificación IP67 xa a cumplía o modelo orixinal (dou fé).
co cal pouca chicha pero alomenos semella que vai ter un prezo interesante para quen non teña xa o defy orixinal.